O palismocas [Ferro e Pedra. Homenaxe ós precursores: Nord​é​s]

by Mileth

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

about

🎥: youtu.be/d1VdG04iH7Q

Esta canción forma parte do compilatorio “FERRO E PEDRA. HOMENAXE ÓS PRECURSORES”, tributo ao rock e metal galego das últimas décadas onde dez grupos de diferentes zonas de Galicia versionamos pezas de bandas que foron referentes nas nosas vilas e cidades de procedencia.

O palismocas é unha canción do grupo Nordés pertencente ao seu segundo álbum Egobarros Namarinos publicado en 1999 e composta por Fuco Vázquez. Esta banda de folk (con moitas influencias do rock) estaba formada por xente da Mariña lucense, de onde é orixinario Mileth, aínda que tamén contaba coa voz da viguesa Almudena Janeiro.
Así é que hoxe dende Vigo, dándolle unha virada xeográfica á tixola, queremos render homenaxe a esta senlleira agrupación fancendo bruar de novo este vento nordés coa súa singular forza e sonoridade!

lyrics

Son as tres da tarde e estase a levantar.
Barruza fóra, non está día de traballar.
Ponse a camisa e baixa a xantar.
Sua sogra mal o mira; a muller á testa dá.
-¡Paréceche cedo e na cama ti estás;
nin ceibas o gado, nin axudas a segar!

E foise coa gadaña xa por non aturar
e na corredoira topouse con Galván.
-¿Seica á pradella?, mofouse o pillaban
-Home con albarda, máis vale ser can.
E fóronse á tasca moito ao seu pesar.
Galván consolouno: -¡Que "erba" has de probar"!

Chegou coa alborada tordeando polo curral.
Subiu amodo á cama para naide espertar.
Caeu pola escaleira. O galo púxose a cantar.
Acendese a luz e á vella oiu rosmar:
-¡De aí palismocas non te poidas erguer,
que racharalos miolos pra nada che han valer!

credits

released May 17, 2023
Gravado e mesturado nos Zoilo Unreal Studios.
Masterizado nos Beabesada Estudios.
© Fuco Vázquez
Arranxos por Mileth

Dana da Carballeira: voz.
Marcos do Relicario: voz, bouzouki, zanfona, pandeireta.
Xacobe do Seixo Branco – Guitarra eléctrica e guitarra clásica.
Xurxo dos Corvais - Guitarra.
Luís da Cruz Alta – Baixo (colaboración).
Xurxo das Cornamusas - Frautas.
Bruno da Chumba - Batería.

license

all rights reserved

tags

about

Mileth GA, Spain

Pagan folk Metal inspirado nunha terra de natureza cambiante onde as brumas, o vento e a choiva enchen de melancolía o ciclo vital das súas xentes.

Melodía, mística e melancolía brotan da inspiración no tradicional e no uso de instrumentos propios do folclore galego contemporáneo, procurando unha proposta sonora persoal e emocional.
... more

contact / help

Contact Mileth

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like Mileth, you may also like: