.​.​.​e na Novena Onda caeron os Deuses (Single)

by Mileth

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.

    Podedes descargar a canción añadindo o prezo que vós estimedes oportuno. Se non podedes aportar nada, bastará con añadir a cantidade 0 euros para realizar a descarga. Calquera cantidade por pequena que sexa será ben recibida e irá destinada á recaudación de fondos para a gravación de un LP.
    English:
    You can download the song by putting the price you want to pay for it. Anyway, you can get it for free by just adding 0€. Any quantity, be it smaller or bigger will be welcome and it will be destinated for the recording of a complete album. Thank you very much!

      name your price

     

about

Esta canción foi composta no ano 2010 por Diego dos Chechos e Marcos do Relicario, como parte do concepto “Mitolóxica Errante”, conxunto obras nas que recreamos a errático espírito da mitoloxía galaica. Mitoloxía que navega alén dos mares da Fin do Mundo e que da cotío volve a nós agochada entre o vento, baixo as augas, no crebado tallado dos coios, e dentro do lume que arde no espírito do noso imaxinario.

Letras escritas por Marcos do Relicario. Arranxos por Mileth. Arranxos de gaita por Xurxo Fernández. Gravada nos estudios de Vigosónico en abril do 2013 (Agás whistles e gaitas gravadas por Xurxo Fernández). Mestura e masterización por Víctor Gómez en decembro do 2013. Deseño artístico de Xoio Carmesí.

English:

...And within the ninth wave the gods fell down

This song was composed in 2010 by Diego dos Chechos and Marcos do Relicario as part of the concept "Mitolóxica Errante", serie of pieces where we recreate the erratic spirit of the galician mithology. Mithology that sails beyond the seas of the End of the World and that use to come back often hidden with the wind, under the waters, in the carved stones and inside the fire that burns in the spirit of our imaginary.

Lyrics by Marcos do Relicario. Arrangements by Mileth. Bagpipe arrangements by Xurxo Fernández. Recorded in Vigosónico Studios in April 2013 (Whistles and bagpipes recorded later by Xurxo Fernandez). Mixing and Mastering by Víctor Gómez in December 2013. Artistic design by Xoio Carmesí.

lyrics

Arriba ao teu lar
Compás é teu sangrar
Vermello o rumbo do remar.

Quebrará Nuadha nos cantos crueis.
A lanza de Lug,eclipsada é.

Loitan os remos nas bravas augas
mitos que emigran pola vinganza
Irmáns da dor bátense en ira
quebra a arcana Galicia.

Enigma sen horizonte, ilumínate a lúa.
Guíante os mortos cara unha terra núa
Invoca á nova nai baixo tres caras:
Eiru, Fodla, Banba!

Ousados fillos de Mil,
Inis Ealga invocan para si.
Rapsodia de Aimergin:
na novena onda voltará Ith.

Na pedra de Fál
novos reis,
do Caldeiro de Dagda
brotará hidromel.

Crisol de palabras sen batalla
Naufraga o trance da vinganza.
Nove ondas verdes, nove augas,
no seu útero morre Dana.

Ventos fronte o forzado xerminar,
Invocan dagas sobre os reis de Temair.
Seducida dama, deixa penetrar:
Eremon, Eber, no húmido lar.

Ousados fillos de Mil,
Inis Ealga invocan para si.
Rapsodia de Aimergin:
na novena onda voltará Ith.

Quen limpa o pétreo altar?
Quen onde se pon o sol?
Quen é salmón nas montañas?
Quen é valoroso boi?

Quebra a espada de Nuadha
Sobre os nosos cantos crueis
Lug non sacia ao astro sol
novo Ogham para os Gaels.

Quen dá nome as montañas?
Quen mora súas entrañas?
Que bardo vitorias canta?
Que sátiro poemas cala?

A pedra de Fál berra
O nome dos novos reis.
Do Caldeiro de Dagda
Brota a feixe o hidromel

lai, la, la, la, ra,
lai, la, la, la, ra,
lai, la, la, la, ra,
la, ra, la, ra, lai.

Cantos ao Norte,
envólvenme as augas da morte,
Penetran en min as espadas,
esquecendo a vosa Brigantia
na novena onda.

lai, la, la, la, ra,
lai, la, la, la, ra,
lai, la, la, la, ra,
la, ra, la, ra, lai.

English:
Arrive at your home
the rhythm is your bleeding
red is the course of the row

Nuadha will break into the cruel chants
The Spear of Lug is eclipsed

The oars are fighting in the fierce waters
Myths that migrate searching for vengeance
Brothers of pain clash in wrath
The arcane Galicia is cracking

Enigma without horizon, you're enlightened by the moon
The dead are leading you towards a naked land
Summon the new three-faced mother:
Eiru, Fodla, Banba!

Courageous children of Mil
They summon Inis Ealga for themselves
Aimergin's rhapsody
Ith will return within the ninth wave

In Fál's Stone
new kings
of Dagda's Cauldron
mead will flow

Crucible of words without battle
The trance of vengeance shipwrecks
Nine green waves, nine waters
in their womb Dana dies

Winds in front of the forced blossom
invoke daggers over the kings of Temair
Seduced lady, let them pierce
Eremon, Eber, in the moist home

Courageous children of Mil
They summon Inis Ealga for themselves
Aimergin's rhapsody
Ith will return within the ninth wave

Who cleans the stoned altar?
Who where the sun sets?
Who is salmon in the mountains?
Who is the brave ox?

Nuadha's Sword breaks
on our cruel chants
Lug cannot quench the sun star
a new Ogham for the Gaels

Who gives the mountains a name?
Who dwells in its depths?
Which bard sings of victories?
Which satyr silence the poems?

Fál's Stone shouts
the name of the new kings
of Dagda's Cauldron
mead endlessly flows

lai, la, la, la, ra,
lai, la, la, la, ra,
lai, la, la, la, ra,
la, ra, la, ra, lai.

Songs from the North
the waters of death surround me
the swords are piercing me
forgetting your Brigantia
within the ninth wave

lai, la, la, la, ra,
lai, la, la, la, ra,
lai, la, la, la, ra,
la, ra, la, ra, lai.

credits

released January 31, 2014
Dana da Carballeira - Voz, coros, botella de anís.
Marcos do Relicario - Brúos, coros, guitarra eléctrica, guitarra española, bouzouki, arpa de boca, cunchas, pandeireta.
Alex O Pirolas – Guitarra eléctrica, guitarras acústicas.
Cristian da Limia – Baixo.
Elías do Eido do Clariño - Violín, coros, pandeireta, cunchas, pao de choiva.
Raquel de Ghallas – Teclados.
Pisco da Taberna – Batería, cunchas.

Colaboracións:
Xurxo Fernández: Gaita galega, uilleann pipe, whistles.


English:

Dana da Carballeira - Vocals, choir, anise liquor bottle.
Marcos do Relicario - Growls, choir, electric guitar, bouzouki, mouth harp, shells, tambourine.
Alex O Pirolas - Electric Guitar, acoustic guitar.
Cristian da Limia - Bass.
Elías do Eido do Clariño - Violin, choir, tambourine, shells, rainstick.
Raquel de Ghallas - Keyboards.
Pisco da Taberna - Drums, shells.

Collaborations:
Xurxo Fernández - Galician pipe, uilleann pipe, whistles

tags

license

about

Mileth GA, Spain

Pagan folk Metal inspirado nunha terra de natureza cambiante onde as brumas, o vento e a choiva enchen de melancolía o ciclo vital das súas xentes.

Melodía, mística e melancolía brotan da inspiración no tradicional e no uso de instrumentos propios do folclore galego contemporáneo, procurando unha proposta sonora persoal e emocional.
... more

contact / help

Contact Mileth

Streaming and
Download help

Redeem code